Escoitar

O alcalde salienta o "imparable proceso de recuperación do aeroporto de Vigo"

Abel Caballero destacou hoxe venres o "imparable proceso de recuperación do aeroporto de Vigo", durante a presentación das oito novas rutas áeras que porá en marcha Air Nostrum. Esta aerolínea conectará Peinador con Sevilla, Málaga, Alicante, Menorca, Gran Canaria, Londres, Roma e Bruxelas.

venres, 21 nov 2014
1416586874vuelos.JPG
Caballero deu conta esta mañá do "imparable proceso de recuperación do aeroporto de Vigo" unha vez adxudicado a Air Nostrum o procedemento aberto para a contratación de servizos de promoción turística que permitirán a posta en marcha de oito novas rutas. En rolda de prensa, o rexedor reiterou a importancia desta recuperación porque "é unha parte central da nosa economía". Son accións, insistiu, que "devolven o 1.000 por 1". Coa incorporación destes enlaces, Vigo conta cos cinco destiños transversais máis importantes: Sevilla, Málaga, Valencia, Alicante, Bilbao; conexións coas islas: Gran Canaria, Tenerife, Ibiza, Menorca e Palma de Mallorca; Madrid, Barcelona, ademais de catro internacionais: París, Londres, Bruselas e Roma. Esta planificación de vóos permítenos falar, engadiu, dun "aeroporto consistente" con prezos competitivos o que nos "coloca nun ámbito de desenvolvemento aeroportuario razoable".

Caballero mantivo esta mañá unha reunión, seguida dunha comparecencia de prensa, co director Comercial de Air Nostrum, Juan Corral; o director de Comunicación da compañía, Antonio de No, ademais da tenente de alcalde, Carmela Silva e o director da Vigo Convention Bureau, Pablo Cameselle. Diante dos medios, o rexedor déulle a benvida aos representantes da compañía e vaticinou "unha longa duración a esta relación", dado que non é nova, precisou, porque Air Nostrum xa opera en Peinador a conexión con Bilbao.

Tal e como explicou Juan Corral en rolda de prensa, en total serán nove as rutas operadas pola aerolínea en Vigo, o que fará que Peinador se convirta para Air Nostrum no terceiro aeroporto por número de destiños, despois do de Madrid e Valencia. Air Nostrum porá en marcha ao longo de tres anos, conexións con Londres, Roma, Bruselas, Sevilla, Gran Canaria, Málaga, Alicante e Menorca. O programa adianta a operación con Londres, inicialmente prevista para o verán de 2015, que finalmente arrancará a próxima Semana Santa. Desde o 30 de marzo ata o 5 de abril, Air Nostrum conectará Vigo co aeroporto de Luton dúas veces por semana.

En 2015, inauguraránse vóos desde Vigo a Londres, Sevilla, Málaga e Gran Canaria. Este último destiño no archipiélago tamén se adianta á programación presentada na oferta gañadora do concurso e comezará a operar neste Nadal. O próximo luns 24 de novembro, quedará concluída a carga dos billetes á venda nos sistemas, que xa arrancou onte xoves.

En 2016 manteránse as rutas iniciadas en 2015 a comezarán outras catro conexións nacionais e internacionais: Bruselas, Roma, Alicante e Menorca. As oito rutas que se van poñer en marcha nos próximos dous anos permanecerán en 2017.
Descargar todas as imaxes

Máis información