Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 20 nov 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 21 DE NOVEMBRO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria do 7 de novembro de 2014.

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
2.- Dar conta das modificacións e proposta de regularización do contrato do "Servizo Integral de comunicacións do Concello de Vigo". Expte. 5896/113.

3.- Revisión de prezos do contrato maior "Servizo Integral de Comunicacións" Expte. 5896/113.

4.- Expediente de contratación, por procedemento aberto, para o subministro en réxime de arrendamento dos dispositivos de impresión e software asociado. Expte. 7075/113.

CONTRATACIÓN
5.- Clasificación de ofertas no procedemento aberto para a contratación da subministración de combustible para a flota de vehículos municipais. Expte. 10403/445.

6.- Clasificación de ofertas no procedemento aberto para a contratación da subministración de bancos. Expte. 7580/446.

7.- Clasificación de ofertas no procedemento aberto para a contratación da subministración de extractores de fumes no parque auxiliar de Balaídos e a ampliación dos existentes no Parque central de Teis. Expte. 3491/213.

8.- Adxudicación de obras do proxecto de mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en diversas rúas. Expte. 2501/440.

9.- Devolución de garantías:
a) ESMUVIGO SCG. Expte. 5032/241.
b) FORMATEN Plataformas y Sistemas de Desarrollo S.L. Expte. 5017/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
10.- Fixación do prezo da venda ao público do catálogo da exposición "Choven manchas de tempo" de Carla Andrade na Casa das Artes. Expte. 961/341.

11.- Bases de participación do concurso "Vente cos Reis Magos" 2014-2015. Expte. 5811/335.

EDUCACIÓN
12.- Nomeamento da dirección facultativa das obras do proxecto "Accesibilidade a colexios públicos". Expte. 16199/332.

EMPREGO
13.- Proxecto de convenio de colaboración coa Peugeot Citröen Automóviles España S.A. para o ano 2014. Expte. 11361/77.

14.- Outorgamento de axudas municipais á creación de empresas do ano 2014. Expte. 11277/77.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
15.- Proposta para aprobación do memoria valorada de melloras en instalacións deportivas do parque da Feira. Expte. 7676/446.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
16.- Dar conta da relación de expedientes tramitados polo réxime de gasto menor no Servizo de Normalización Lingüística durante os meses de xullo e outubro. Expte. 1861/334

PATRIMONIO
17.- Aboamento á Comunidade de propietarios da rúa Quintela 31 de cotas ordinarias e extraordinarias correspondentes a local comercial de propiedade municipal. Expte. 319/242.

RECURSOS HUMANOS
18.- Complemento de produtividade por condución de vehículo sen ser Oficial condutor, do persoal dos distintos servizos correspondentes ao 3º trimestre-2014 (inclúe 2º trimestre). Expte. 25744/220.

19.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Vías e Obras correspondentes ao mes de outubro-2014. Expte. 25860/220.

20.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo do Parque Móbil correspondentes ao mes de outubro de 2014. Expte. 25861/220.

21.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do Servizo de Cemiterios correspondentes ao mes de outubro de 2014. Expte. 25858/220.

22.- Domingos, Festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de outubro 2014. Expte. 25862/220.

23.- Execución de títulos xudiciais 264/2014 do Xulgado do Social Nº 1 nos autos 143/2011 seguido a instancia de Mª Begoña Echegaray Pérez, Dª Rosa Mª Fernández Díaz e Dª Mª Eugenia Cruz Lorenzo. Expte. 25894/220.

24.- Execución de títulos xudiciais 242/2014 do Xulgado do Social nº 1 de Vigo nos autos po 378/2014 en materia de cantidades (Mª Belén Pérez Freire). Expte. 25892/220.

25.- Dando conta de resolucións do Sr. Concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal:

a) Renuncia de Dª Patricia Martíns Garbín ao seu nomeamento interino por acumulación de tarefas como auxiliar de admón. Xeral. Expte. 25868/220.

b) Renuncia de D. Manuel Comesaña Araujo ao seu nomeamento internio por acumulación de tarefas como oficial pavimentador. Expte. 25856/220.

SEGURIDADE
26.- Devolución de garantía a favor de dona Tania Penas García. Expte. 90727/210.

URBANISMO
27.- Dar conta do pase á vía de constrinximento de multas urbanísticas. Expte. 7806/407.

28.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 21 de novembro de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 19 de novembro de 2014.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.