Os empresarios vigueses que viaxaron a Celaya constataron "unha enorme capacidade de expansión" en México
O alcalde acompañará a principios de 2015 á delegación de empresarios vigueses que quere volver a Calaya, constatada a capacidade de expansión que detectaron na cidade mexicana na viaxe que realizaron recentemente, acompañados do concelleiro David Regades, en representación do Concello. Así o avanzou esta mañá de mércores o rexedor, logo de manter un encontro con 25 destes empresarios cos que realizou unha análise detallada desta estancia.
O alcalde realizou hoxe mércores unha análise "detallada" da viaxe que realizou a Celaya unha delegación de empresarios da cidade, acompañados polo concelleiro de Fomento, David Regades, en representación do Concello. Os 25 executivos coincidiron en cualificar de "central" o irmanamento que asinaron en Vigo recentemente o alcalde de Vigo e o da cidade mexicana. Tal e como lle transmitiron a Caballero, tiveron un "grande recibimento profesional e persoal" e esta viaxe serviulles para constatar unha "enorme capacidade de expansión para fortalecer as empresas de Vigo a través da internacionalización". Caballero accedeu á petición que lle trasladaron "con énfase" os empresarios de que os acompañe a Celaya en 2015, e comprometeuse a realizar esta viaxe a finais de xaneiro ou principios de febreiro.
Segundo relatou o rexedor, en Celaya atoparon o xeito de acceder a empresas europeas ou xaponesas ás que ata o de agora non podían contactar, como Volkswagen ou Toyota, que se interesaron pola automoción, técnica aeroespacial ou metalúrxica das nosas empresas. Explicou que esta cidade mexicana se constitúe como un factor de ampliación de mercados e facturación que "ata o de agora estaban pechados".
Descargar todas as imaxes