mércores, 19 nov 2014
Abel Caballero participou este mércores no acto de recoñecemento, impulsado pola Cooperativa de Armadores, aos mariñeiros que perderon a vida na mar, que son recordados cunha placa e cun monumento instalado na entrada ao Porto de Vigo. O alcalde -quen felicitou a ARVI pola iniciativa no marco do seu 50 aniversario- indicou que o seu recordo "ten que permanecer na nosa memoria porque a eles lles debemos o que somos", pois da pesca "depende unha parte importante do progreso do noso país".
mércores, 19 nov 2014
O alcalde deu conta da ampliación de 800 arcos e motivos na iluminación de Nadal deste ano, polo que pasan de 1.100 a 1.900 unidades. Tal e como avanzou o rexedor o encendido oficial será o venres 28 de novembro.
mércores, 19 nov 2014
O alcalde acompañará a principios de 2015 á delegación de empresarios vigueses que quere volver a Calaya, constatada a capacidade de expansión que detectaron na cidade mexicana na viaxe que realizaron recentemente, acompañados do concelleiro David Regades, en representación do Concello. Así o avanzou esta mañá de mércores o rexedor, logo de manter un encontro con 25 destes empresarios cos que realizou unha análise detallada desta estancia.
mércores, 19 nov 2014
O alcalde exerceu este mércores de anfitrión e deu a benvida aos representantes dos clubs de fútbol que conforman a Liga de Fútbol Profesional (LFP), reunidos hoxe no Auditorio Mar de Vigo na súa Asamblea Xeral. Caballero eloxiou o papel do fútbol como "vertebrador" do territorio e agradeceu o traballo do Real Club Celta para que Vigo acollera esta cita e o partido de onte entre as seleccións de España e Alemaña.