A Alcaldía acolle unha exposición colectiva co mar como protagonista
Abel Caballero inaugurou este martes unha nova edición de Mostrarte, o ciclo que leva aos espazos da Alcaldía obras de recoñecidos artistas da cidade. Desta volta, o goberno local programa a exposición colectiva Oceanus Nostrum, con 35 obras de 27 creadores, e o mar como nexo de unión e obxecto de tributo da mesma.