O Concello apoia a celebración do 3º Concurso de Violín e Violonchelo, do 5 ao 7 de decembro
O alcalde mantivo este luns unha entrevista cos responsables da Asociación Galega de Instrumentos de Corda, organizadora do certame co respaldo económico do Concello. O 3º Concurso Cidade de Vigo de Violín e Violonchelo reunirá no Círculo Mercantil a 53 participantes procedentes de toda España e Portugal.
O certame dará comezo o venres, 5 de decembro, cun concerto ofrecido polos cinco gañadores da última edición xunto á Orquestra Sinfónica Vigo 430. Durante a fin de semana, máis de medio centenar de intérpretes chegarán a Vigo procedentes de toda Galicia e urbes españolas como Madrid, Barcelona, Málaga e Sevilla, xunto a unha representación de músicos portugueses. A organización programa tres categorías na competición: ata os 12 anos, dos 12 aos 16 anos e deste aos 20 anos.
Descargar todas as imaxes