Escoitar

O Concello adxudica obras de humanización e de reparación do firme por importe de 3 millóns

O goberno local aprobou proxectos de humanización e de renovación do firme por valor de 3 millóns de euros. Este orzamento permitirá acometer traballos de mellora da rede de conduccións, de beirarrúas e de firme en máis de 24 rúas ou zonas da cidade, tanto no centro, como nas parroquias.

luns, 17 nov 2014
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación do expediente de contratación da humanización de María Berdiales por un importe de licitación de 650.000 euros e un prazo de execución de 5 meses. Na mesma Xunta de Goberno extraordinaria, tamén se nomeou a dirección facultativa e adxudicación do proxecto para as seguintes obras de humanización: Alonso Ojeda (180.000 euros e un prazo de execución de 4 meses); Baixada a Ríos e Doutor Corbal (92.000 euros e prazo de execución de 4 meses); rúa Toledo e o seu contorno (190.000 euros e 4 meses); Coutadas-Teis (335.000 euros e 4 meses); Praza Martínez Garrido -entre o camiño dos Medeiros e o camiño Sobreiro (220.000 euros e 4 meses); Doutor Canoa (230.000 euros e 4 meses) e, por último, Pazos Entronque (175.000 euros e 4 meses).

Tal e como explicou o rexedor, tamén se nomeou a dirección facultativa da obra de mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en diversos accesos, rúas e camiños de Vigo, por valor de un millón de euros. Concretamente, detallou, acometeránse traballos nas seguintes zonas: Avda Atlántida nº30-52 -Alcabre-(importe: 50.000 euros); rúa Estrada á Balsa-Matamá (30.000 euros); rúa Bravo-Navia (17.000 euros); Camiño Oia e Rozo -Coruxo (30.000); rúa Eira Vella-Saiáns (30.000 euros); Subida á Rola -San Roque (50.000 euros); Estrada Marco -Sárdoma (27.000 euros); Camiño Pinguela -Valladares (40.000 euros): acceso ao Pavillón de Coruxo e Camiño Gándara (110.000 euros); San Cosme.Zamáns (65.000 euros); Santa Mariña-Cabral (30.000 euros); Camiño Fondo-Castrelos (50.000 euros); subida á Madroa e rúa Manuel Costas-Bastos-Candeán (64.000 euros); subida á Mouteira en Bembrive e rúa Seixo en Beade (85.000 euros); rúa Roteas de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín e Bagunda-Lavadores (170.0000 euros), fase II da rúa Pedreira (50.000 euros). Esta tanda de obras no rural estará rematada nun prazo aproximado de dous meses.

O goberno local tamén deciciu resolver de oficio o contrato de obras de humanización da Avenida de Hispanidad, entre Gran Vía e Zamora. Deste xeito, anúlase o contrato de obras adxudicado en decembro 2013 por 163.000 euros por incumplirse o prazo de 3 meses fixado para a execución do contrato. Tal e como sinalou o rexedor, a resolución fixa unha indemnización para o Concello ademais de determinar a incoación dun expediente para a contratación por trámite de urxencia das obras de humanización, de acordo co proxecto aprobado en Xunta de Goberno no mes de agosto de 2013.


Bombeiros
En Xunta de Goberno tamén se deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación do subministro de maquinaria para o ximnasio do parque de bomeiros da Central de Teis. Este investimento se enmarca dentro da renovación total que se están a acometer nestas instalacións e que se achegan a 1,3 millóns de euros. A parir de aí, empezarase a traballar na remodelación das instalacións de Balaídos.