Escoitar

O goberno local subvenciona con 431.000 euros a actividade deportiva de 146 clubs vigueses

A Xunta de Goberno Local resolveu a convocatoria de subvencións a entidades deportivas da cidade, un total de case 431.000 euros repartidos entre 146 clubs da cidade beneficiarios que cubren 44 modalidades deportivas distintas. Abel Caballero tamén informou este venres da contratación do servizo de ximnasia para maiores.

venres, 14 nov 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres dos principais acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local, entre os que salientou a resolución da convocatoria de subvencións a entidades deportivas, case que 431.000 euros que adica o Concello ao apoio da actividade deportiva de 146 clubs locais de 44 modalidades deportivas distintas.

Por outra banda, e tamén no tocante ao deporte, o executivo que preside Caballero aprobou a adxudicación provisional do procedemento de contratación do programa Ximnasia para Maiores, por importe superior aos 38.000 euros e dous anos de duración. Segundo este acordo, 450 usuarios practicarán natación e ximnasia de mantemento nos centros deportivos de Travesas, do Carme, Lavadores e Teis.