Escoitar

Caballero salienta a "seguridade" que aporta a teleasistencia aos 550 usuarios atendidos polo Concello

O alcalde participou este xoves na presentación dun servizo de teleaxuda que prestará Bosch e que ven complementar a atención que xa presta o Concello a 550 usuarios con poucos recursos, no seu 93% mulleres e nun 80% maiores de 80 anos. Caballero felicitou á empresa pola iniciativa.

xoves, 13 nov 2014
1415884039bosch.JPG
En declaracións posteriores á presentación, Abel Caballero recordou que o goberno de Vigo tivo que comezar a prestar este servizo despois de que a Deputación de Pontevedra deixara de facelo. O rexedor censurou que a entidade provincial si o preste no resto de municipios e indicou que "sería bo que a Deputación retome este servizo" tamén na cidade de Vigo.

O alcalde apuntou que a teleasistencia que financia o Concello de Vigo atende a uns 550 usuarios, dos que o 93% son mulleres e o 80% son mulleres maiores de 80 anos. Este programa permite ao beneficiario pulsar un botón, ter comunicación e recibir asistencia sanitaria en caso de emerxencia.

A empresa Bosch pon en marcha este servizo de teleaxuda, 24h e 365 días, inicialmente en Galicia para despois extendelo por España e Portugal. Neste caso a atención é a través dun teléfono móbil, que inclúe localización GPS, e será prestada por máis de 30 profesionais do sector localizados en Vigo.
Descargar todas as imaxes