Escoitar

Programas de creación de empreo e políticas keynesianas permiten ao Concello crear 3.000 postos de traballo

O alcalde deu conta esta mañá da creación de 922 postos de traballo coas accións directas do Plan de emprego, unha cifra á que hai sumar os preto de 2.000 que xeran as políticas keynesianas. Así o explicou hoxe mércores, nun día no que se entregaron 55 diplomas da 5ª edición do Imos traballar 2.

mércores, 12 nov 2014
Abel Caballero reiterou esta mañá o compromiso do Goberno local co emprego, avanzando que o Concello xerará ao longo deste ano uns 3.000 postos de traballo. Concretamente, 922 correspóndense coas accións incluidas dentro do Plan de Emprego 2014, mentres que as políticas keynesianas municipais permiten empregar a outras 2.000 persoas. O alcalde fixo estas declaracións o mesmo día que se entregaron no Edificio Municipal do Areal os diplomas da 5ª edición do Imos Traballar 2.

En rolda de prensa, Caballero explicou que son 55 os alumnos que remataron a súa formación teórico-práctica. 26 deles,realizaron un curso de operacións básicas de cátering, mentres que os 29 restantes recibiron formación en limpeza de superficies e mobiliario. Tal e como explicou, o índice de inserción laboral destes alumnos é de preto dun 60%.