Caballero reitera a necesidade de que Vigo conte coa quinta praza na sección Sexta do xulgado do Civil
O alcalde anunciou hoxe mércores que o Concello vai seguir demandando ao Ministerio de Xustiza a dotación da quinta praza da Sección Sexta de Vigo, ao tempo que amosou o seu "agrado" pola adxudicación dunha praza de xuíz na Sección Quinta. Caballero destacou o importante volume de actucións xudiciais no ámbito do Civil que rexistran os xulgados da cidade.
Abel Caballero reiterou a necesidade de que o Ministerio de Xustiza dote da quinta praza para a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo. Ao tempo que amosou o seu "agrado" tras a creación dunha nova praza de xuíz do Penal, cualificou de "imprescindible" a quinta praza do Civil para os xulgados da cidade e referiuse a unha carta que lle enviou ao ministro Rafael Catalá, xustificando esta petición. Logo de mencionar as iniciativas parlamentarias presentadas pola tenente de alcalde e deputada, Carmela Silva, insistiu en que é "incomprensible" a decisión de dotar a xulgados doutras cidades de reforzos no Civil coa metade de volume de actuacións neste ámbito das que rexistra Vigo. Rematou argumentando que o informe do Consello do Poder Xudicial reclamando esta mesma praza demostra a equidade da petición.
Descargar todas as imaxes