xoves, 13 nov 2014
Caballero deu conta esta mañá da decisión de Provigo de contratar un informe de estudo de posicionamento estratéxico da cidade de Vigo e a súa área. Logo de presidir o padroado da fundación, Caballero certificou en rolda de prensa "a boa saúde desta entidade" a pesar do abandono de moitas institucións.
xoves, 13 nov 2014
O alcalde participou este xoves na presentación dun servizo de teleaxuda que prestará Bosch e que ven complementar a atención que xa presta o Concello a 550 usuarios con poucos recursos, no seu 93% mulleres e nun 80% maiores de 80 anos. Caballero felicitou á empresa pola iniciativa.
xoves, 13 nov 2014
Caballero informou este xoves que a entidade solicitou o apoio do Concello na súa iniciativa para facer de novembro o mes da abolición da pena de morte en todo o mundo. O goberno local ubicou na Casa Galega da Cultura unha pancarta co lema "Cidades pola Vida. En contra da Pena de Morte".
xoves, 13 nov 2014
Hoxe, 13 de novembro, o MARCO cumpre doce anos dende a súa inauguración en 2002, e ofrece unha programación específica para esta fin de semana (venres 14, sábado 15 e domingo 16), con ampliación de horarios e actividades para distintos públicos: Maratón ArtFutura, talleres infantís, visitas guiadas ás exposicións temporais, postais de artistas a disposición dos visitantes, e un Especial Aniversario para a noite do sábado no restaurante Miguel Oliveira.ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.