Escoitar

O goberno local inicia unha nova tanda de asfaltados na cidade por valor de 2,4 millóns

Abel Caballero explicou que xa se está a traballar nunha segunda tanda de asfaltados polo centro e polas parroquias, unha rematados os acometidos no verán. Deste xeito, engadiu que aos 2,4 millóns de euros que se van a adicar a renovar o firme, hai que sumar outros 200.000 euros para reparar o pavimento pétreo de distintas rúas do centro.

xoves, 13 nov 2014
O Concello adicará 2,4 millóns de euros para asfaltar distintas rúas do centro e das parroquias dado que "Vigo é unha cidade humanizada, cun mantemento constante contra o mal tempo, que dana seriamente os asfaltados". Deste xeito, explicou o rexedor, nestes momentos estase a traballar na Pastora, Canadelo Baixo, Núñez de Balboa, Casiano Martínez, Matamá-Pazo, Camiño Freixo, Camiño Pereiró e Inés Pérez de Zeta, a punto de rematar. Tamén se fixeron asfaltados en todas as parroquias: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Sárdoma, Saiáns, Teis, Valladares e Zamáns. Así como no casco urbano: Tomás Paredes, Túnel Travesas, rúa Gerona, rúa José Frau, Don Quijote, Sergio Saborido, Cachamuíña, Caracas, San Amaro, Heraclio Botana, Ricardo Portela, Juan Ramón Jiménes e rúa Paz. A estas actuacións hai que sumar a realización de bacheos por toda a cidade.

Por outra banda, explicou o rexedor, tamén se está reparar o pavimento pétreo de distintas rúas do centro por un importe superior aos 200.000 euros. Concretamente, nestes momentos estase a traballar en Príncipe, Elduayen e Marqués de Valladares. Progresivamente, vaise reparar o pavimento tamén das seguintes rúas: Carral, Reconquista e Carral (51.800 euros); Eduardo Iglesias, Príncipe e Praza da Estrela (53.887 euros) e Hernán Cortés, Pablo Morillo, Marqués de Valladares e Velázquez Moreno (40.150 euros).