Caballero solicita á Xunta de Galicia que habilite orzamento para construir a Cidade da Xustiza
O alcalde informou este mércores que "vai ben" o proceso de venda dos pisos municipais de República Arxentina, coa que se financiará o solo, con 10 visitas programadas para hoxe, e adiantou que no verán a administración local estará en condicións de ceder á Xunta os terreos para que constrúa a Cidade da Xustiza de Vigo. Caballero asegurou que o goberno autonómico non poderá iniciar entón a obra porque carece de orzamento ao efecto.
Abel Caballero indicou que, tras as tres visitas rexistradas a pasada semana, hoxe mércores serán 10 as persoas que coñezan as 28 vivendas municipais coas que o goberno local financiará a expropiación dos terreos que serán cedidos á Xunta de Galicia para que constrúa a Cidade da Xustiza de Vigo.
"O proceso vai ben", salientou o rexedor vigués, quen censurou que o goberno autonómico non teña contemplada unha partida orzamentaria para 2015 que lles permita iniciar as obras o próximo verán, data na que o Concello de Vigo estará en disposición de ceder o solo, segundo ratificou Caballero.
A información sobre o proceso de venda dos pisos está públicada nas seccións do Perfil do Contratante e de Vivenda da páxina web municipal e os interesados en visitalos poder concertar unha cita no teléfono gratuito 010.