Escoitar

Concerto no Verbum do Festival Internacional de creación musical contemporánea "VERTIXE VIGO 2014"

O mércores día 12 ás 20.30 horas e no Verbum está programado o concerto «On Serra: A book of forms», 5 instrumentos móbiles, 2 percusionistas, 8 instrumentos de corda; con obras de Valerio Sannicandro. Estrea mundial co apoio da American Academy in Rome, presentación en España.<br /> A Concellería de Cultura e Festas e maila Asociación Cultural VERTIXE SONORA organizan a segunda edición do VERTIXE VIGO&#039;14, un festival internacional de creación musical contemporánea que se extenderá durante todo o mes de novembro.<br /> <br />

martes, 11 nov 2014
VERTIXE VIGO é un programa de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla e sen prexuízos de creación sonora internacional. Agrupada en diferentes bloques, a programación abrangue concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada, obradoiros especializados, cursos de achegamento ao sonoro, actividades de dinamización para a mocidade, etc.

O festival sérvelles de plataforma de presentación aos novos creadores internacionais e permite establecer vínculos culturais que reforcen a nosa identidade nun marco globalizado, dando mostra en tempo real da rica diversidade que está a renovar o discurso das artes sonoras na nosa época, e na que VERTIXE VIGO quere desempeñar un activo protagonismo.

Nesta segunda edición preséntanse cinco estreas mundiais dalgúns dos compositores de maior repercusión na actualidade, co apoio de entidades como a Northwestern University (Chicago, EEUU), a American Academy in Rome (Roma, ITALIA), Edizioni Surbini Zerboni (Milán, ITALIA), o Fondo de Cultura Económica (MÉXICO) e o programa Ibermusicas (VVPP).

Organizada por Vertixe Sonora, un dos colectivos máis destacados na aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre a música e as artes, quere converter á cidade nunha sala de concertos, explorando novas relacións entre os espazos e o público, establecendo sinerxías que permitan ofrecer contidos culturais de calidade cun aproveitamento máximo dos recursos e infraestruturas da cidade.

Todos os concertos serán de balde, con entrada libre ata completar aforamento.

Máis información