Caballero, satisfeito pola partida ao estranxeiro de 300 alumnos cunha bolsa de estudos municipal
O alcalde informou este luns das datas de saída e regreso dos 300 bolseiros dunha estadía de case un mes en Irlanda ou Inglaterra en réxime de inmersión lingüística. Os estudantes, de 3º de ESO, partirán entre o 21 e o 26 de novembro e retornarán entre o 12 e o 17 de decembro. O Concello adica 700.000 euros a este programa.
Abel Caballero informou esta mañá do programa de viaxe dos 300 alumnos/as beneficiarios dunha bolsa de estudos en inmersión lingüística en Inglaterra e Irlanda, un programa educativo do Concello de Vigo con 700.000 euros de orzamento.
Segundo indicou o alcalde, o 21 de novembro parten 25 alumnos a Dublín, vía Madrid, onde estudarán en Bagenalstown e Gorey (Irlanda), para retornar a Vigo o 12 de decembro. A segunda tanda confórmana 150 estudantes, que viaxan do 25 de novembro ao 16 de decembro, con destino a Londres vía Madrid, para aloxarse 50 destes en Brighton e Hove (Inglaterra) e os outros 100 en Norwich, Long Stratton, Thorpe e Costessey (Inglaterra).
Os últimos 125 beneficiarios saen a Londres desde Vigo o 26 de novembro, con retorno o 17 de decembro; 30 pasarán a súa estadía en inmersión en Eltham e os outros 95 nas localidades de Rhyl, Godalming, Exeter e Tiverton, todas estas en Inglaterra.
Caballero trasladou a súa "absoluta satisfacción" por enviar a 300 estudantes máis a aprender idiomas no estranxeiro cunha axuda do Concello de Vigo, unha administración que "envía máis (bolseiros) que toda Catalunya", concluíu.