Escoitar

Exposición "Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira"

O venres día 7 de novembro, ás 20:00 h, inaugúrase na Casa das Artes a exposición "Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira", con motivo do 110 aniversario de ANFACO.A mostra fai unha aproximación á pegada da conserva de peixe e marisco na configuración da cidade de Vigo.

venres, 7 nov 2014
1415361256conserveira.jpg
A exposición enmárcase no 110 aniversario de ANFACO-CECOPESCA, a asociación nacional que representa e lidera o sector conserveiro dos produtos da pesca e da acuicultura, así como ás principais empresas do cluster de transformación de produtos do mar. Collendo como fonte fotográfica principal os fondos do Arquivo Fotográfico Pacheco do Concello de Vigo, a exposición fai unha aproximación á pegada da conserva de peixe e marisco na configuración da cidade de Vigo.

As visitas para grupos organizados precisan reserva previa a través do servizo 010 (chamadas dende fóra de Vigo ou dende móbil: 986.810.260), en horario de luns a venres de 8:00 a 20:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 h. Estas visitas terán lugar os martes e xoves, ás 11:00 h e ás 12:00 h, cunha duración aproximada de 50 minutos. Os grupos terán un máximo de 30 persoas.

Así mesmo, ofertaranse visitas abertas ao público presente, os venres e sábados (19:00 h) e os domingos e festivos (12:00 h).

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 21 de decembro.
Descargar todas as imaxes

Máis información