Silva informou da apertura da poxa pública para adquirir as 28 vivendas de República Arxentina
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo informou este xoves da apertura do procedemento de poxa das 28 vivendas de República Arxentina coas que o Concello de Vigo prevé conseguir os recursos para financiar os terreos da Cidade da Xustiza. Silva avanzou que xa hai interesados visitando semanalmente os pisos.
Carmela Silva indicou que 15 persoas solicitaron información sobre o procedemento aberto polo Concello de Vigo, onte mesmo tres dos interesados visitaron as vivendas e outras tres visitas están xa pechadas.
A información sobre as vivendas atópase disponible na web de Vivenda do Concello de Vigo e no perfil do contratante. Os pisos pódense visitar previa cita no 010 e realízanse un día á semana en horario de mañá, normalmente os mércores, mais con posibilidades de ampliar os días.
Por outra banda, a tenente de alcalde recordou o inicio dos procedementos para a venda de patrimonio municipal do solo en Tomada (Navia) e Rosalía de Castro por importe superior ao millón de euros. Cos recursos xerados con estas vendas, o goberno local estará en condicións de iniciar o procedemento de expropiación dos terreos e ceder a finais de verán os mesmos á Xunta de Galicia para que constrúa a Cidade da Xustiza de Vigo.