venres, 7 nov 2014
No mes de xaneiro arrancarán as obras para convertir o chamado cruce de Peniche nunha praza, a da Aperta, deseñada polo artista Antón Pulido. Cun importe de 175.000 e un prazo de execución de 4 meses, a actuación incluirá un pavimento de formigón no chan coloreado e un mural rodeando o perímetro do espazo.
venres, 7 nov 2014
O Concello de Vigo incrementou este ano ata os 70.000 euros o apoio á Orquestra, que ofrecerá o próximo domingo, 16 de novembro, no Teatro García Barbón un concerto no que estreará o "Labirinto Azul", unha peza baseada no poemario do Pergamiño Vindel, en conmemoración do centenario do seu achado e a música das cantigas de Martín Códax. As entradas xa están á venda en Servinova desde 5 euros e a Vigo 430 donará un euro de cada pase a UNICEF.
venres, 7 nov 2014
O MARCO retoma a súa colaboración con ArtFutura, o Festival de referencia en cultura dixital e novos medios, que este ano chega á súa 25ª edición. ArtFutura celébrase simultaneamente en máis de 20 cidades, do 7 ao 23 de novembro
venres, 7 nov 2014
O venres día 7 de novembro, ás 20:00 h, inaugúrase na Casa das Artes a exposición "Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira", con motivo do 110 aniversario de ANFACO.A mostra fai unha aproximación á pegada da conserva de peixe e marisco na configuración da cidade de Vigo.