O goberno de Vigo incrementa novamente as axudas de emerxencia ata os 583.000 euros
O alcalde informou dos principais asuntos da Xunta de Goberno Local deste venres, entre os que salientou a aprobación doutro incremento de 38.000 euros da dotación orzamentaria para as axudas de emerxencia social. A partida municipal queda en 583.000 euros, un 31% máis dos 445.000 orzamentados para este ano, pois o Concello xa aumentara a partida en 100.000 euros en agosto.
O goberno de Vigo aprobou este venres unha nova ampliación orzamentaria da partida económica para axudas de emerxencia, 38.000 euros máis que se suman aos 100.000 euros xa adicados ao efecto no mes de agosto e que elevan a dedicación municipal neste concepto en 583.000 euros, un 31% máis do que orzamentado para o 2014.
Caballero recordou que o Concello que preside destina ademais dous millóns de euros a axudas extraordinarias para vivenda, enerxía e alimentos para familias con escasos recursos económicos.
Humanizacións
Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá tamén aprobouse os expedientes de contratación de novas humanizacións por valor de 1.650.000 euros, tal e como informou Caballero en rolda de prensa, traballos que darán comezo no próximo mes de xaneiro.
Estas reformas son as primeiras fases da rúa Gerona, con 350.000 euros de orzamento, e de Gregorio Espino, con 400.000 euros; a terceira fase de Aragón, cun importe de 300.000 euros, e o ascensor de Juan Ramón Jiménez, que unirá Menédez Pelayo coa Avenida das Camelias, que significa un investimento de 600.000 euros.
Descargar todas as imaxes