Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 6 nov 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 7 DE NOVEMBRO DE 2014.


1.- Actas da sesión ordinaria e dúas extraordinarias e urxentes do 24 de outubro de 2014.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de Sentenzas, Autos e Decretos:

a) Expte. 8078/111.Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 165/2013 P.O. Demandante: POPULAR BANCA PRIVADA S.A. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 22-3-2013. Requirimento de información da Inspección de Tributos. Expte.: 3226/550 (e 1315/515). Desestimado o recurso.

b) Expte. 8677/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 163/14 P.A. Demandante: D. JAVIER VIDAL REY. Obxecto: Resolución do 2.4.2014. Reclamación patrimonial administrativa, danos en vehículo na súa retirada o 12-3-2013 pola grúa municipal ( Expte.: 4048/243) Desestimado o recurso.

c) Expte. 8283/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 282/2013 P.O. Demandante:ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36. Obxecto: XGL 1-3-2013. Resposta ao exercicio do dereito de petición (Cruz do Castro). Art. 15.1 da L 52/2007. Estimado o recurso.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 180/2013 P.O. Demandante: CONCELLO DO PORRIÑO. Obxecto: Resolución do 2.5.2013. Inadmisión de reposición contra liquidación de ingreso público (auga) (nov-dec 2012). Expte.: 1869/500/13. Estimado o recurso. Expte. 8080/111.

e) Expte. 8658/111.Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 151/2014 P.A. Demandante: D. CÉSAR A. HERMO CARRO. Obxecto: Resolución do 10.2.2014 do TE-A do Concello de Vigo. Constrinximento sanción de tráfico. Expte.:21739/700 e 3420/550. Desestimado o recurso.

f) Expte. 8393/111. Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 15/2014 P.A. Demandante: D. CARLOS LEIRÓS ORGE.Obxecto: XGL 14-2-2014. Reclamacións retributivas (funcións de categoría superior). Desestimado o recurso.
Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 1ª, no rec. Apelación nº 233/2014 interposto por D. CARLOS LEIRÓS ORGE contra a devandita Sentenza. Desestimada a apelación do actor.

g) Expte. 8717/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 202/14 P.A. Demandante: Dª DIGNA TÁBOAS FARO. Obxecto: Resolución do 25 de xuño de 2013: inadmisión. Reclamación patrimonial administrativa, caída na R. Aragón o 5.3.2011. Expte.: 4108/243. Desestimado o recurso.

h) Expte. 8715/111. Setenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 238/14 P.A. Demandante: Dª M. CARMEN VILLANUEVA CARDOSO. Obxecto: Resolución do 13.5.2014. Sanción de tráfico (cinto de seguridade). Desestimado o recurso.

i) Expte. 8625/111. Decreto do Xulgado Social nº 3 de SANTIAGO DE COMPOSTELA. Procedemento 303/2013 (SEG. SOCIAL). Demandante: D. JOSÉ LUIS PEREIRO ALONSO. Obxecto: Recoñecemento da pensión de xubilación. Desestimento do actor.

k) Expte. 8732/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 181/14 P.A. Demandante: Dª CONCEPCIÓN MÉNDEZ MARTÍNEZ. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 22.7.2013: inadmisión por extemporaneidade. Liquidación e sanción tributaria por IVTNU. Expte.: 24342/502 e 24343/502. Desestimado o recurso.

l) Expte. 8729/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 215/14 P.A. Demandante: D.BENIGNO ÁLVAREZ ESTÉVEZ. Obxecto: Resolución do 28.1.2014 (en reposición). Multa coercitiva en relación con orde de execución 12693/310.Conservación dun terreo. Desestimado o recurso.

m) Expte. 7942/111. Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 4292/2014, interposto por COCHERAS OLÍVICAS DE PUENTES S.A." contra sentenza desestimatoria do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 96/2013 P.O. contra acordo da XGL do 8-3-2013 e 19-4-2013, en relación coa modificación do prego de condicións e solicitude de resolución da concesión. Desestimada a apelación da actora.

n) Expte. 8731/111 do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 216/14 P.A. Demandante: D. ENRIQUE M. COSTA PAREDES. Obxecto: Desestimación presunta da reposición e acordo do TE-A do Concello de Vigo do 12-3-2014. Providencia de contrinximento en relación con sanción de tráfico. Expte.: 3461/550 (e 128644128). Estimado o recurso.

BENESTAR SOCIAL
3.- Incremento da dotación para axudas económicas individuais de emerxencia para o exercicio 2014. Expte. 89376/301.

CONTRATACIÓN
4.- Clasificación de ofertas do procedemento aberto para a contratación do deseño e deseño e produción das carrozas para a Cabalgata de Reis 2015. Expte. 5541/335.

5.- Devolución de garantías:
a) API S.A. Expte. 4977/241.
b) API S.A. Expte. 4976/241.
c) IMES S.A. Expte. 4978/241.

DEPORTES
6.- Proposta de autorización do evento "Vigo+11" o vindeiro día 9 de novembro. Expte. 13454/333.

7.- Proposta de autorización do evento "II Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple" o vindeiro 23 de novembro. Expte. 13399/333.

EMPREGO
8.- Aceptación da ampliación de axuda concedida para o desenvolvemento do proxecto 615-Imos Traballar2 segundo resolución do "Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas" do 15.10.14. Expte. 11366/77.

IGUALDADE
9- Segunda revisión de prezos do contrato de xestión do Servizo municipal de atención domiciliaria á infancia. Expte. 4979/224.

INTERVENCIÓN XERAL
10.- Proposta para adhesión á plataforma FACe-Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado. Expte. 102429/140.

11.- Normas para as operacións de peche de exercicio para o ano 2014. Expte. 102427/140.

MEDIOAMBIENTE
12.- Revisión de prezo do contrato de prestación do Servizo de salvamento e socorrismo en areais do concello de Vigo, ano 2014. Expte. 8316/306.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
13.- Prórroga do contrato para a prestación dos servizos de vixilancia e seguridade das oficinas municipais de distrito. Expte. 3148/321.

RECURSOS HUMANOS
14.- Reclamacións presentadas á concesión de axudas de estudos do Fondo de Acción Social, 2013-2014 . Expte. 25810/220.

15.- Dar conta de Resolucións:

a) Recoñecemento de consolidación de grao persoal de D. Manuel Sánchez Sánchez. Expte. 25802/220.

b) Declaración da xubilación anticipada de D. Manuel Antonio Pereiro Alonso, con efectos de data 05/11/2014. Expte. 25480/220.

c) Resolución de solicitude de prolongación no servizo activo e declaración da xubilación obrigatoria de D. Basilio Costas Fernández, con efectos de data 02/11/2014. Expte. 25497/220.

d) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral do Servizo de Turismo (xullo, agosto e setembro 2014). Expte. 5271/104.

e) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral do Servizo de Limpeza (outubro, novembro e decembro de 2014). Expte. 25636/220.

f) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral do Taller Vías e Obras (outubro, novembro e decembro de 2014). Expte. 25654/220.

g) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral do Servizo de Benestar Social (agosto a outubro 2014). Expte. 100351/301.

h) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral do Servizo de Limpeza (outubro, novembro e decembro de 2014). Expte. 25637/220.

i) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral da OSPIO (outubro, novembro e decembro de 2014). Expte. 25648/220.

k) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral da Inspección de Vías e Obras (outubro, novembro e decembro de 2014). Expte. 25635/220.

l) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral do Servizo de Parque Móbil (outubro, novembro e decembro de 2014). Expte. 25676/220.

m) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral do Servizo de Desinfección (xullo, agosto, setembro de 2014). Expte. 25551/220.

n) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral para a Xerencia do Parque Central (outubro, novembro e decembro de 2014). Expte. 25709/220.

o) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral para o Servizo de Museos (outubro, novembro e decembro de 2014). Expte. 942/341.

SEGURIDADE
16.- Devolución de garantías:
a) Asociación Festas do Rosario. Expte. 90647/210.
b) Irmandade de Festas Santa Ana. Expte. 90484/210.
c) Asociación Cultural da Cereixa. Expte. 90515/210.
d) Comisión de Festas de San Paio de Navia. Expte. 90715/210.

SERVIZOS
17.- Expediente de contratación para a execución das obras do proxecto de "Humanización da rúa Gerona". Fase 1". Expte. 2675/440.

18.- Expediente de contratación para a execución das obras do proxecto "Humanización da rúa Aragón. Fase 3". Expte. 2674/440.

19.- Expediente de contratación para a execución das obras do proxecto de "Humanización da rúa Gregorio Espino, Fase 1". Expte. 2676/440.

20.- Expediente de contratación para a execución das obras do proxecto de "Humanización da rúa Juan Ramón Jiménez, entre avda. das Camelias e Menéndez Pelayo". Expte. 2678/440.

21.- Proxecto modificado nº 1 da obra "Renovación de redes de abastecemento e saneamento no entorno de Churruca". Expte. 2545/443.

22.- Proposta de reaxuste de anualidades da obras de Remodelación do Mercado do Berbés. Expte. 1585/440.

XUVENTUDE
23.- Outorgamento de subvencións da convocatoria específica para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís 2014. Expte. 4145/336.

24.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 7 de novembro de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 5 de novembro de 2014.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.