O Magosto de Vigo levará castañas, baile e música este sábado á praza do Berbés
O Concello e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" celebran o Magosto de Vigo 2014 na praza do Berbés, este sábado, 8 de novembro, a partir das 18 horas. Os grupos Xuntanza e Orfeón Mariñeiro do Berbés amenizarán a festa con gaitas e baile, ademais das tradicionais castañas.
Este mércores presentouse no Concello de Vigo a edición 2014 da Festa do Magosto de Vigo, que terá lugar este sábado na praza do Berbés, desde as 18 ás 21:30 horas.
Segundo o programa, a organización comezará coa preparación das castañas ás 16:30 horas, previo á apertura ao público da festa. Ás 18:30h actuará o grupo de gaitas e baile "Xuntanza", unha hora despois a tenente de alcalde e deputada, Carmela Silva, dará lectura ao Pregón e ás 20:15h será o turno do "Orfeón Mariñeiro do Berbés".
Descargar todas as imaxes