Escoitar

Vigo acollerá un proxecto didáctico expositivo sobre o impacto do plástico nos océanos

O Concello participará na proposta multidisciplinar "Out to Sea. The Plastic Garbage Project", impulsada pola Fundación Barrié xunto á empresa Desoños, un proxecto "educativo e de concienciación ecolóxica", segundo apuntou o alcalde de Vigo, para visualizar os efectos negativos dos plásticos en mares e océanos.

martes, 4 nov 2014
1415106220oceanos.JPG
Abel Caballero mantivo un encontro este martes co director de Patrimonio e Cultura da Fundación Barrié, José Enrique Fernández, e co socio Fundación de Desoños, Carlos Álvarez, para "planificar" a participación municipal nesta iniciativa.

O alcalde vigués agradeceu á Fundación Barrié que decidira programar na cidade esta acción, que será presentada e detallada públicamente máis adiante, que engloba unha parte "artística, de divulgación e de concienciación", tal e como explicou Caballero.
Descargar todas as imaxes