O goberno de Vigo cooperará nunha campaña de atención cardiolóxica dirixida ás mulleres
Impulsada polo Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, a campaña "As Mulleres Temos Corazón" presentarase próximamente e contará coa participación "activa" do Concello, en verbas de Abel Caballero, para promover a atención e revisión cardiolóxica das mulleres.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión co secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan M. Vieites, e o presidente da Sociedade Española de Cardioloxía, Andrés Íñiguez, para estudar e comezar a perfilar a campaña. O rexedor garantiu a participación do Concello no proxecto, que será presentado públicamente nos próximos días.
Descargar todas as imaxes