martes, 4 nov 2014
O Concello participará na proposta multidisciplinar "Out to Sea. The Plastic Garbage Project", impulsada pola Fundación Barrié xunto á empresa Desoños, un proxecto "educativo e de concienciación ecolóxica", segundo apuntou o alcalde de Vigo, para visualizar os efectos negativos dos plásticos en mares e océanos.
martes, 4 nov 2014
Impulsada polo Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, a campaña "As Mulleres Temos Corazón" presentarase próximamente e contará coa participación "activa" do Concello, en verbas de Abel Caballero, para promover a atención e revisión cardiolóxica das mulleres.
martes, 4 nov 2014
Este mércores, ás 21 horas, o pavillón municipal das Travesas acollerá a eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala entre o Mosteiro Bembrive FS, de 2ª división B, e o Fútbol Club Barcelona, da máxima categoría. O alcalde felicitou ao club vigués polo xa conseguido e animou á cidadanía a gozar do espectáculo.
martes, 4 nov 2014
O Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas programa para o mércores 26 de novembro, ás 18 horas una sesión de cafés literarios no que se abordará a novela "La vieja sirena", de José Luís Sampedro. A relatora será Elena Ocampo, xornalista.<br />
Se tes interese en formar parte do "grupo estable" podes inscribirte persoalmente no CDRF ou no tfno. 986 22 90 74<br />
<br />
martes, 4 nov 2014
Cláudia Dias dirixirá o Obradoitro de Artes escneícas que se celebrará no MARCO do 25 ao 28 de novembro e destinado a estudantes e profesionais de artes escénicas, Belas Artes e disciplinas afins.<br />