Escoitar

O Concello adopta medidas de porosidade a favor dos peóns sen dificultar o tráfico

O alcalde avanzou esta mañá que o Concello traballa "nun proceso activo de facer a cidade máis porosa para os peóns, sen dificultar o tráfico dos vehículos". Entre outras medidas, referiuse á instalación nos últimos meses de 12 semáforos, pintado de novos pasos de peóns, graduar ven as ondas verdes, así como facilitar a circulación de motos.

martes, 4 nov 2014
Abel Caballero anunciou esta mañá a posta en funcionamento dun novo semáforo en Martín Echegaray, á altura de Luis Ksado, un lugar habitual de cruce pola proximidade dun colexio, un centro de saúde e a Praza da Miñoca. Tal e como explicou o rexedor, esta é unha das medidas para fomentar a "porosidade a favor dos peóns, sen dificultar o tráfico dos vehículos". O obxectivo é garantir a maior seguridade para os peóns polo que se realiza un deseño asimétrico do paso, así como se instalan bandas redutoras de velocidade. En total, segundo explicou o rexedor, este ano colocáronse 12 novos semáforos nas seguintes zonas: avenidad de Hispanidad, avenida Castrelos e Areal. Para o próximo ano, está previsto que entren en funcionamento na avenida A Florida, e avenida Castrelos.

Adicionalmente, mencionou outra campaña de porosidade para motos, que pretende facilitar o tránsito destes vehículos con inciativas como circular polo carril bus, ou dispoñer dun carril propio na rúa Venezuela. Tamén se referiu ao aparcamento xa que Vigo conta nestes momentos con máis de 1.100 prazas cando no 2008 había apenas 261. As zonas adiantadas nos semáforos conforman outra das medidas para favorecer as motos, e xa existen dez na actualidade: avenida Mardrid-Preza España, Falperra-Paseo de Alfonso, Brasil-Gran Vía, Arquitec to Palacios-avenida Castrelos, Pintor Lugrís-Alvaro Cunqueiro; Pintor José Frau-López Mora, avenida Europa-avenida Castelao, avenida Castrelos-avenida Europa. Segundo explicou, hai previstas outras tres: Gran Vía-Hispanidad, Gran Vía-Venezuela e Areal con Colón. Todas estas iniativas, concluiu, combinan porosidade, seguridade e mantemento da fluidez do tráfico.