Escoitar

Caballero anima a encher as Travesas para apoiar ao Mosteiro Bembrive contra o FC Barcelona

Este mércores, ás 21 horas, o pavillón municipal das Travesas acollerá a eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala entre o Mosteiro Bembrive FS, de 2ª división B, e o Fútbol Club Barcelona, da máxima categoría. O alcalde felicitou ao club vigués polo xa conseguido e animou á cidadanía a gozar do espectáculo.

martes, 4 nov 2014
1415106263bembrive.JPG
Con case que 2.500 entradas xa vendidas, desde o Mosteiro Bembrive FS agardan este mércores un cheo no pavillón municipal das Travesas para o partido de oitavos de Copa contra o Fútbol Club Barcelona, un acontecemento histórico no fútbol sala vigués.

O alcalde, Abel Caballero, presentou este martes o encontro na Alcaldía, xunto ao presidente e director deportivo do club, Manuel Martínez e Alberto Cameselle, respectivamente. O rexedor agarda un pavillón cheo para apoiar ao Mosteiro Bembrive, na primeira vez que Vigo se ve representada nesta fase da competición. Caballero felicitou ao club polo seu proxecto e por ter chegado a oitavos contra o Barcelona, mostra do "gran traballo" que realiza.

Cameselle definiu o partido como un "acontecemento histórico" e salientou que o Mosteiro Bembrive é "un equipo de vigueses", onde todos os xogadores son da cidade ou da súa área de influencia. O director deportivo afirmou que "necesitamos que a cidade teña un equipo na primeira división e estamos no camiño de poder conseguilo".
Descargar todas as imaxes