Escoitar

Caballero subliña a función social "relevante" que exercen o medio centenar de coidadores de barrio

O alcalde visitou hoxe mércores ao equipo que atende ao Calvario, un total de 6 profesionais dos 49 coidadores que traballan tamén no Casco Vello, Teis, Bouzas e no entorno das Travesas. O goberno de Vigo adica case 950.000 euros a este programa de proximidade e atención social.

mércores, 5 nov 2014
1415195574barrio.JPG
O equipo está formado por 30 coidadores con presenza nas rúas e 19 persoas de dirección, psicólogos, educadores sociais, etcétera. Como novidades, o goberno de Vigo incorporou este ano unha brigada de apoio para necesidades específicas e pequenas reparacións nas parroquias e un programa -Sísifo- de asesoramento e apoio ás persoas sen teito e en risco de exclusión social, composto por sete técnicos e educadores. Os coidadores de barrio, explicou Caballero, proporcionan "proximidade" aos veciños, atención a residentes e incluso axuda a persoas con dificultades de empregabilidade.

O proxecto de coidadores de barrio forma parte do Plan Municipal de Emprego e foi conveniado con Érguete. Caballero asegurou que os coidadores arrancaron no Casco Vello e, dada a súa "utilidade social", decidiuse extendelo a outros barrios da cidade e garantiu que o próximo ano ampliarase a outras zonas da urbe.

Plans Municipais de Emprego
Segundo detallou Abel Caballero, os distintos programas e plans municipais de emprego en marcha -entre os que se inclúe os coidadores de barrio- están a supoñer a creación directa de 922 postos de traballo, aos que o alcalde sumou os máis de 2.000 empregos que xeran os investimentos públicos do Concello de Vigo: "miles de empregos se manteñen todos os anos con estas políticas keynesianas", asegurou, impulsadas coa obra do goberno local.
Descargar todas as imaxes