O "Petisquiño", o primeiro concurso de tapas de Vigo, reúne a 60 locais distribuidos por toda a cidade
Sesenta establecementos hostaleiros de toda a cidade formarán parte da primeira edición do concurso de tapas O Petisquiño, organizado entre o 6 e o 23 de novembro pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelaría en colaboración co Concello. Durante a presentación, o rexedor felicitou aos promotores e participantes e animou a todo Vigo a percorrer os distintos locais para "comprobar o que somos capaces de facer".
O alcalde aproveitou a presentación de O Petisquiño para felicitar a promotores e participantes por dar vida a "unha fantástica idea", animando a todo Vigo a achegarse aos sesenta establecementos hostaleiros que forman parte da primeira edición do concurso de tapas de Vigo. Deste xeito, puntualizou, poderán "comprobar o que somos capaces de facer, converténdose en parte activa da potenciación da hostelaría na cidade". O obxectivo de promover este certame por primeira vez en Vigo, en colaboración co Concello, é poñer en valor a gastronomía da cidade de Vigo e fomentar o consumo.
Acompañado por César Ballesteros, presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, e o concelleiro de Turismo, Cayetano Rodríguez, Caballero destacou en rolda de prensa, organizada na Escola Municipal de Artes e Oficios, que o Concello "seguirá a apoiar calquera iniciativa que impulse a potente calidade do sector". Neste punto, reiterou a súa intención de manter a taxa 0 nas terrazas ata que remate a crise, unha idea exitosa que xa se está a imitar noutras cidades, así como o lanzamento do gran slogan Cíes Patrimonio da Humanidade. Tamén se referiu á necesidade de recuperar cruceristas, así como o papel que xoga o Celta na atracción de turistas.
O Petisquiño nace, polo tanto, co ánimo de converterse nun referente no calendario gastronómico e turístico de Vigo, xunto con outros eventos xa consolidados. En total, son 60 locais os que forman parte do proxecto cunha combinación perfecta entre propostas tradicionais e innovadoras e un amplo abanico de prezos que van desde o 1,5 ata os 3 euros. O listado completo de establecementos así como a súa localización no mapa están na seguinte dirección: www.petisquiño.es
Tal e como explicaron os organizadores, haberá un premio á mellor tapa, un premio á máis popular e 4 premios especiais. Tamén haberá recoñecementos para as 4 finalistas á mellor tapa.
Descargar todas as imaxes