A Vigo 430 estrea unha obra baseada no Pergamiño Vindel e as cantigas de Martín Códax
O Concello de Vigo incrementou este ano ata os 70.000 euros o apoio á Orquestra, que ofrecerá o próximo domingo, 16 de novembro, no Teatro García Barbón un concerto no que estreará o "Labirinto Azul", unha peza baseada no poemario do Pergamiño Vindel, en conmemoración do centenario do seu achado e a música das cantigas de Martín Códax. As entradas xa están á venda en Servinova desde 5 euros e a Vigo 430 donará un euro de cada pase a UNICEF.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentaron este venres no Concello o concerto xunto a Gloria del Rio e Marisé Pérez, presidenta e vocal de UNICEF Vigo respectivamente, e Ismael Arias, en representación da Vigo 430.
O concerto terá lugar no Teatro García Barbón o próximo domingo, 16 de novembro, e a Orquestra Sinfónica Vigo 430 estreará a obra "Labirinto Azul", do compositor Juan Eiras, baseado no poemario do Pergamiño Vindel, en conmemoración dos 100 anos do seu achado e a música das cantigas de Martín Códax. Para esta peza, a formación contará coa soprano Beatriz Riobó e o barítono Eliseu Mera.
A continuación, a Orquestra interpretará o concerto para viola de Franz Anton Hoffmeister, con Isabel Villanueva, e a sinfonía nº8 de Antonín Dvorak. A dirección corre a cargo de Gonzalo Berná Pic. As entradas xa poden adquirirse en Servinova desde 5 euros e de cada localidade adquirid a Vigo 430 donará un euro en favor de UNICEF.
Abel Caballero recordou que o goberno local incrementou este ano a partida para apoiar a programación da formación viguesa, pasando dos 40.000 euros de 2013 aos 70.000 do presente ano. O alcalde censurou que a Xunta de Galicia non a respalde económicamente pois é "un proxecto musical moi sólido, baseado no Conservatorio Superior e no Profesional, que sae da base e está a xerar unha gran orquestra".
Descargar todas as imaxes