O cruce de Peniche convertirase na Praza da Aperta, deseñada por Antón Pulido
No mes de xaneiro arrancarán as obras para convertir o chamado cruce de Peniche nunha praza, a da Aperta, deseñada polo artista Antón Pulido. Cun importe de 175.000 e un prazo de execución de 4 meses, a actuación incluirá un pavimento de formigón no chan coloreado e un mural rodeando o perímetro do espazo.
A Xerencia de Urbanismo aprobou hoxe a ocupación directa para destiñar a viario público a parcela situada en López Mora 1, na que foron derrubados polo Concello tres inmobles o pasado mes de decembro por cuestións de seguridade. Deste xeito, en xaneiro arrancará a humanización do entronque da rúa López Mora con Camiño Pazos mediante a creación dun espazo peonil, a Praza da Aperta. O importe o proxecto é de 175.000 euros e o prazo de execución de 4 meses, tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa. Son 280 m2 que transformarán nunha zona de edificios en ruína nun espazo de convivencia cidadá. A actuación nese novo espazo urbano, diseñado por Antón Pulido, se conforma cun pavimento de formigón no chan coloreado, o perimetro da praza estará rodeado por un mural de altura variable. O rexedor encadrou esta iniciativa no interese do goberno local de trasladar as obras de arte ao ámbito urbano, en referencia a iniciativas como a Praza Martínez Garrido ou as medianeiras.
Caballero tamén deu conta da resolución pola que se ordena o inicio do trámite para a poxa da parcela municipal 156 de Rosalía de Castro. Un espazo de 329 m2, situado entre as rúas Areal, Serafín Avendaño, Rosalía y Miragaia, que ten unha edificabilidade aproximada de 3.300 m2 para un máximo de 29 vivendas. En rolda de prensa, o alcalde lembrou outro proceso de poxa de patrimonio municipal de solo, neste caso en Navia. Concretamente, abriuse o proceso de venta por lotes unitarios de catro parcelas en A Tomada para a construcción de vivendas unifamiliares asiladas ou adosadas, cun imoporte de 314.000 euros, máis IVE. Deste xeito, explicou, o seguimos co proceso de acopio de recursos para a expropiación dos terreos para a Cidade da Xustiza, polo que urxiu de novo á Xunta a incluír nos orzamentos unha partida para acometer esta infraestrutura xudicial.