mércores, 12 nov 2014
O alcalde deu conta esta mañá da creación de 922 postos de traballo coas accións directas do Plan de emprego, unha cifra á que hai sumar os preto de 2.000 que xeran as políticas keynesianas. Así o explicou hoxe mércores, nun día no que se entregaron 55 diplomas da 5ª edición do Imos traballar 2.
mércores, 12 nov 2014
O alcalde informou este mércores que "vai ben" o proceso de venda dos pisos municipais de República Arxentina, coa que se financiará o solo, con 10 visitas programadas para hoxe, e adiantou que no verán a administración local estará en condicións de ceder á Xunta os terreos para que constrúa a Cidade da Xustiza de Vigo. Caballero asegurou que o goberno autonómico non poderá iniciar entón a obra porque carece de orzamento ao efecto.
mércores, 12 nov 2014
O goberno de Vigo respaldará ao Instituto de Cultura, Ciencia e Tecnoloxía, "de nova creación" e asentado na cidade, no seu obxectivo de divulgar o desenvolvemento tecnolóxico existente en Vigo, tanto na Universidade como nos centros tecnolóxicos e institutos de investigación. O alcalde definiu de "espléndida" a idea e solicitou ao ICCT un programa de accións para poñela en marcha.
mércores, 12 nov 2014
Caballero entrevistouse este mércores cos responsables da Asociación de Representantes de Comercio, que celebran en decembro o seu 60º aniversario. O alcalde indicou que moitos dos representantes vigueses operan tamén no norte de Portugal, actuando como "axentes de exportación" das empresas da cidade.