O Concello achegará a formación en Educación Vial a 15.000 persoas o próximo exercicio
Ao redor de 15.000 persoas participarán o ano que ven nalgunha das actividades formativas desenvolvidas desde o departamento de Educación Vial da Policía Local. Segundo explicou hoxe Carlos López Font, concelleiro responsable, estas iniciativas diríxense un público heteroxéneo que vai desde os nenos de 0 a 3 anos, ás persoas de idade avanzada, pasando por infractores menores.
O Concello prevé estender as iniciativas en Educación Vial a unhas 15.000 persoas o próximo exercicio, dado que continuarán e se ampliarán todas as iniciatiavas que se veñen desenvolvendo ata o de agora. Tal e como explicou hoxe martes o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, durante unha rolda de prensa para facer balance das actividades do departamento de Educación Vial, o obxectivo do Concello é que estas actividades formativas se acheguen cada vez a máis xente.
Un dos programas desenvólvese en escolas infantís, con preto de 600 alumnos de entre 0 e 3 anos, cos que se interactúa con xogos, cancións e contos. No 5º curso de educación primaria participan máis de 2.500 nenos de entre 10 e 11 anos, aos que se trata de facilitar a autonomía como usuarios das vías públicas. Este ano, como novidade, realizouse un percorrido polas rúas próximas ao centro de ensino, realizando un exercicio práctico. No 6º curso, con máis de 2.400 alumnos de entre 11 e 12 que se trasladan ao Parque de O Castro para aprender a circular en bicicleta de forma segura. En 3º e 4º de educación secundaria, con máis de 1.400 estudantes, tráballase en para reforzar de maneira preventiva os comportamentos preventivos como o consumo de alcol.
Outro programa, o vencellado con persoas con necesidades educativas especiais, permite fomentar entre 40 usuarios de Aspanaex unha exercicio práctico realizando un percorrido para detectar os posibles riscos na vía pública. Tamén asistiron unhas 800 persoas a unhas charlas para aprender a usar correctamente os sistemas de retención infantil, desenvolvendo maioritariamente en centros de saúde e dirixidos a futuras nais e pais. Uns 200 adultos tamén recibiron formación, neste caso a través das asociacións de veciños. Os cursos de sensibilización e reeducación de menores infractores, dirixido a mozos de entre 10 e 15 anos, realízase en colaboración á Fiscalía de Menores.
Segundo explicou Font, o Concello tamén prevé manter a colaboración co Hospital de Fátima na organización das xornadas TU seguridade es nuestro compromiso, nas que participaron máis de 2.000 alumnos. Vigolandia, que reuniu a 5.000 nenos e nenas, incentivou no Ifevi o uso do casco de protección cando se circula en bicicleta.
Descargar todas as imaxes