venres, 14 nov 2014
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres adxudicou definitivamente o contrato de promoción turística de Vigo á compañía, segundo expuxo o alcalde, ao presentar a mellor oferta, cunha baixa de case 600.000 euros sobre o prezo de licitación e o compromiso de abrir oito rutas: Gran Canaria, Sevilla, Málaga e Londres no 2015, aos que se sumarán Alicante, Menorca, Bruxelas e Roma en 2016. No 2017 manteranse os oito destinos, segundo o contrato.
venres, 14 nov 2014
A Xunta de Goberno Local resolveu a convocatoria de subvencións a entidades deportivas da cidade, un total de case 431.000 euros repartidos entre 146 clubs da cidade beneficiarios que cubren 44 modalidades deportivas distintas. Abel Caballero tamén informou este venres da contratación do servizo de ximnasia para maiores.
venres, 14 nov 2014
Caballero recibiu hoxe venres de mans da empresa viguesa Lupeón SL unha maqueta do proxecto de Balaídos que foi impresa en 3D. A tecnoloxía desta compañía permite facer pezas en tempo real directamente utilizables, tal e como lle explicaron os técnicos ao rexedor.
venres, 14 nov 2014
Abel Caballero deu conta da cooperación do Concello na reparación do pavillón do Carballal de Balonmano, unha entidade deportiva cun número moi importante de mozos e mozas, que tamén participan nas escolas deportivas municipais. O rexedor mantivo esta mañá un encontro con resonsables da entidade quen lle deu as grazas por esta colaboración.
venres, 14 nov 2014
Abel Caballero insistiu hoxe na necesidade de que Vigo viva na "globalización e na internacionalización" durante unha recepción a catro profesoras de Helsinki que visitan o colexio Frián Teis para coñecer o proxecto educativo do centro. O rexedor déulle a benvida ás docentes e abogou por "estimular estas acccións internacionais", nas que encaixou as bolsas de inglés que outorga o Concello.
venres, 14 nov 2014
Abel Caballero avanzou hoxe venres a intención de El Corte Inglés de reforzar o seu proxecto comercial na cidade. Así llo transmitiron esta mañá ao rexedor durante un encontro no que estiveron presentes o director rexional, Javier Esteban, o responsable do centro en Vigo, Ignacio Granado e o xefe de relacións públicas, Pati Blanco.
venres, 14 nov 2014
A concellería de Área Cultura organiza visitas guiadas á exposición "Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira", que ten lugar na planta primeira da Casa das Artes, ata o 21 de decembro.
venres, 14 nov 2014
A maratón terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) este sábado 15 de novembro, a partir das 12:00 h (apertura de portas ás 11:00 h) e ata as 24:00 h, con entrada libre ata completar aforamento; as 35 primeiras persoas en chegar, obterán unha entradada gratuíta para Boom! FILM&COMIC.