Maratón cinematográfica de curtametraxes de ciencia ficción, animación e fanfilms "BOOM! XPRESS"
A maratón terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) este sábado 15 de novembro, a partir das 12:00 h (apertura de portas ás 11:00 h) e ata as 24:00 h, con entrada libre ata completar aforamento; as 35 primeiras persoas en chegar, obterán unha entradada gratuíta para Boom! FILM&COMIC.
A Concellería de Cultura e Festas colabora na maratón cinematográfica BOOM! XPRESS, organizada pola empresa BLACKHOUSE ENTERTAINMENT, con motivo da presentación oficial de BOOM! FILM&COMIC, festival da cultura pop que se levará a cabo o 13 e 14 de marzo de 2015 no Auditorio do Pazo de Congresos. Os asistentes a esta maratón poderán disfrutar de curtametraxes e longametraxes de ciencia ficción, animación e fanfilms, creados en Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Alemaña, Francia, España e Galicia. Cada unha das pezas ofreceranse en versión orixinal (subtítulos dispoñibles según programa).
Presidindo esta maratón, terase un dos artiluxios máis emblemáticos da veterana serie británica de ciencia ficción Doctor WHO: The TARDIS. Contarase cunha réplica a escala real, usada polo estrambótico Doctor que actualmente é interpretado polo actor escocés, Peter Capaldi. Á súa vez, neste evento participarán distintas asociacións sen ánimo de lucro dentro do ámbito do entretenemento, que exporán as súas axendas e realizarán distintas actividades ao longo da xornada: Asociación COGA e Asociación FreaK Vigo, adicadas ao ocio alternativo. Lolita en Nuncaxamais, comunidade galega de estilo de vida e moda "Lolita" e Asociación Planeta Gallifrey, asociación galega de ámbito nacional de Doctor Who.
Descargar todas as imaxes