A organización da Vig-Bay abre hoxe o prazo de inscripción para a proba do 22 de marzo de 2015
Abel Caballero animou hoxe luns a participar na edición da próxima edición da Vig-Bay que se celebrará o 22 de marzo de 2014. Unha vez máis, explicou o rexedor, o Concello cooperará coa posta en marcha deste evento deportivo que prevé congregar 5.500 participantes. <br />
Abel Caballero avanzou hoxe o inicio do periodo do inscripción da Vig-Bay 2015, que será o próximo 22 de marzo. Tal e como lle transmitiron os organizadores, cos que esta mañá mantivo un encontro, o número de participantes será de 5.500 como máximo e este ano o dorsal solidario será para a ONG, ASNOG (nenos con cancro). O Concello de Vigo coopera, unha vez máis, coa aportación dos servizos da Policía Local, Protección Civil, Voluntariado e a cesión de espazos municipais, entre outros. Caballero explicou que este evento volverá colaborar co Banco de Alimentos.
Descargar todas as imaxes