O goberno de Vigo respalda á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos no seu apoio ás vítimas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou este martes un convenio de colaboración cos responsables da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, un apoio económico "moi importante" do Concello á entidade para respaldar a súa función de atención ás vítimas.