Escoitar

O Concello inviste 300.000 euros en obras de accesibilidad en 21 centros públicos da cidade

Cun orzamento de 300.000 euros o Concello acometerá obras de accesibilidade en 21 centros da cidade. A esta cantidade hai que sumarlle, segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, outros 100.000 euros que se investiron este verán en traballos de mellora en 20 colexios de Vigo.

martes, 18 nov 2014
O goberno local aprobou a clasificación de ofertas no proceso aberto para a contratación de obras de accesibilidade nos colexios públicos. Cun orzamento de 300.000 euros e un prazo de execución de dous a tres meses, acometeránse traballos para eliminar as barreiras arquitectónicas existentes. Tal e como detallou o rexedor en rolda de prensa, sustuiránse escaleiras por rampas, colacaránse barandas e pasamáns nas mesmas, construiránse novos aseos adaptados para discapacitados e, naqueles sitios donde fora preciso, acometerase unha nova canalizacion de cunetas existentes para poder encaixar as rampas de nova execución, ao tempo que se colocarán novos dispositivos de drenaxe, alí onde se poida acumular auga pluvial.

Concretamente, realizaránse obras nos seguintes centros: Illas Cíes, A Doblada, Parroco don Camilo, Carrasqueira, Pardo Bazán, Otero Pedraio, Lope de Vega, Santa Tegra (Teis), Frián, Sobreira, Igrexa valladares, García Barbón, Balaídos, Coutadas (Beade), Chans (Bembrive), Santa Marina, Ría de Vigo, Mestres Goldar, Eduardo Pondal, Sello e, por último, Sárdoma Moledo. En declaracións aos medios, Caballero engadiu que durante o verán acometéronse obras en 20 colexios por importe de máis de 100.000 euros polo que, o Concello está a acometer obras de mellora en todos os centros públicos da cidade.


Na Xunta de Goberno extraordinaria do pasado venres tamén se deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación de obrasde consolidación de nichos no cemiterio de Teis, cun gasto autorizado de 116.408 euros. Tal e como explicou o rexedor, o Concello acomete estes traballos por razóns sociais, xa que son de titularidade e competencia privada. Ata o de agora, explicou, apuntaláronse os nichos afectados, segundo informes técnicos, e, tan pronto rematen os trámites administrativos, comezará a obra para reparar e reforzar a cimentación para garantir a estabilidade dos nichos.


O alcalde tamén deu conta da clasificación de ofertas da contratación da xestión e transporte de desprazamentos do programa educativo Vigo por dentro-Coñece a túa cidade. Cun importe de 150.150 euros, esta iniciativa permitirá sufragar un máximo de 715 visitas ao ano. O contrato, de por dous anos, prorrogables 9 meses máis, ten por obxectivo que os escolares coñezan o Concello, o Porto ou os distintos museos de Vigo.