Escoitar

Caballero coida "imprescindible" reforzar os xulgados de Familia de Vigo

O alcalde apoiou ao xuíz decano na súa petición ao TSXG de reforzar os xulgados de Familia de Vigo dada o seu volume de traballo. Tal e como avanzou en rolda de prensa, vaille trasladar esta solicitude ao ministro de Xustiza.

mércores, 19 nov 2014
Abel Caballero trasladou aos medios de comunicación os seu apoio á petición do xuíz decano de solicitar ao TSXG que reforce os xulgados de Familia. Na súa opinión, é "imprescindible" contar con novas dotacións, unha vez que xa se reforzou a sección do Penal e estamos pendentes da do Civil. Advertiu de que vai transmitir esta petición ao ministro de Xustiza e felicitouse pola permanencia da Audiencia na cidade dada a desaparición da lei que impulsaba a súa supresión.