Escoitar

A iluminación do Nadal encenderase o 28 de novembro e incluirá 1.900 arcos e motivos

O alcalde deu conta da ampliación de 800 arcos e motivos na iluminación de Nadal deste ano, polo que pasan de 1.100 a 1.900 unidades. Tal e como avanzou o rexedor o encendido oficial será o venres 28 de novembro.

mércores, 19 nov 2014
Vigo contará coas rúas iluminadas polo Nadal a partir do 28 de novembro, cando se encenderán oficialmente os 1.900 motivos e arcos que este ano colocou o Concello, cun incremento de 800 unidades respecto do pasado ano. O obxectivo, explicou o rexedor, é contribuir á reactivación do comercio local nunha época de tanto consumo como é o Nadal.

Ademais de manter a iluminación nas rúas nas que tradicionalmente xa se colocaba, o rexedor avanzou que case se duplican as zonas iluminadas xa que se amplían aos seguintes ámbitos: Camelias, tramo de López Mora, avenida de Castelao, avda Martínez Garrido, Gregorio Espino, Travesía de Vigo, Álvaro Cunqueiro, Pintor Lugrís, Regueiro, Paseo de Granada rúa Placer, Luis Taboada, Pablo Morillo, rúa Castelar, Montero Ríos, avda Ramón Nieto, Inés Pérez de Ceta,. República Argentina, Gran Vía, rúa Cervantes, rúa Lepanto, Alfonso XIII, Canceleiro e, por último, un tramo de Vázquez Varela.

En Bouzas, vanse iluminar a rúa Covadonga e Johan Carballeira; en Teis, avenida de Galicia (ata o Centro de saúde) e no Calvario, tramos de Cataluña, Extremadura, ademais de Monforte de Lemos e Cruz Blanca. Ademais, Caballero explicou que tamén se reforzará esta decoración luminosa en todas as parroquias.