Escoitar

O 20% das chamadas que recibe a diario a emisora da Policía Local solicitan información

As solicitudes de información rexistradas na emisora central da Policía Local no que vai de 2014 son 6.284, fronte as 1.781 que se recolleron en todo 2013. Así o explicou o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, nunha rolda de prensa na que tamén precisou que a media diaria de requerimentos telefónicos dos cidadáns é de 114.

xoves, 20 nov 2014
1416488937font.JPG
A emisora central da Policía Local recibiu nos nove primeiros meses do ano 31.126 chamadas, unha cifra que supera ás 30.192 recibidas en todo 2013. Así o explicou en rolda de prensa o concelleiro de Seguridade e Tráfico, Carlos López Font, nunha rolda de prensa na que deu conta da "moi boa evolución destes datos". A media de comunicacións diarias sitúase en 114.

Desglosando por días da semana, o maior número de chamadas prodúcese o sábado (17%), seguido do venres (16%). Respecto dos turnos, hai máis comunicacións durante a mañá, mentres que o o menor número rexístrase de noite. No tocante as zonas das que proceden estes requerimentos e tendo en conta que a Policía Local divide a cidade en 7 zonas, rexístranse máis na zona 3, que inclúe o Calvario e Travesía de Vigo, seguida pola 4, que abarca Camelias, rúa Coruña ou a Avenida de Madrid.

En canto aos motivos, o concelleiro destacou especialmente, o incremento de chamadas solicitando información, xa que en todo 2013, recibíronse 1.782 e no que vai de 2014, esta cifra xa se eleva a 6.284. En opinión de Font, os cidadáns son cada vez máis conscentes dos servizos que pode ofrecer a Policía sobre a situación do tráfico ou temporais. Pola contra, descendeu o número de requerimentos por seguridade cidadá, accidentes ou tráfico. Outros motivos polos que os cidadáns contactan coa emisora central son animais, problemas veciñais, violencia de xénero ou servizos humanitarios como rescate de persoas. Font tamén se referiou ao descenso de detencións realizadas por este corpo de seguridade no que vai de ano, respecto do pasado.

O edil rematou aclarando que todoas estas chamadas son gravadas baixo a tutela da Lei de protección de datos.
Descargar todas as imaxes