Os primeiros 25 estudantes parten este venres a Irlanda cunha bolsa de estudos do Concello
David Regades avanzou hoxe que os primeiros 25 estudantes partirán mañá venres a Irlanda dentro do programa municipal Vigo en Inglés, unha iniciativa que beneficia este curso a un total de 300 alumnos de 3º de ESO para estudar en inmersión lingüística no citado país e en Inglaterra. O Concello adica 700.000 euros a este programa.
O edil de Fomento recordou que mañá parten os primeiros alumnos dos 300 beneficiarios dunha das bolsas que ofrece o Concello para estudantes de 3º de ESO, cun orzamento de 700.000 euros.
Segundo explicou Regades, mañá venres, 21 de novembro, saen 25 alumnos a Dublín, vía Madrid, para retornar a Vigo o 12 de decembro. A segunda tanda confórmana 150 estudantes, que viaxan do 25 de novembro ao 16 de decembro, con destino a Londres. Os últimos 125 beneficiarios saen a Londres desde Vigo o 26 de novembro, con retorno o 17 de decembro.
O concelleiro de Fomento apuntou ademais que o goberno local conta con outro programa de bolsas de estudos para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, 43 achegas para formarse en inglés, francés, alemán, italiano, portugués, xaponés e chinés. O Concello inviste outros 80.000 euros neste proxecto.
Descargar todas as imaxes