O goberno local inicia a redefinición dun vial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico
A Xerencia de Urbanismo, segundo informou este venres o alcalde, deu conta do inicio da tramitación dunha modificación puntual do PXOM para a redefinición do vial municial Estrada da Venda, un cambio "de gran importancia" ao facer posible a ampliación do PTL.
Abel Caballero explicou que esta modificación do trazado forma parte do convenio rubricado coa Zona Franca de Vigo e fai posible a futura instalacións de novas empresas mediante a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares.
O acordo co Consorcio inclúe esta modificación puntual do PXOM ademais da dotación dun espazo de emprendemento (coworking) que estará ubicado no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo e da compra por parte da Zona Franca do edificio municipal de Areal para instalar o Centro Gastronómico de Galicia.