O Auditorio Municipal acolle o sábado a proxección do galardoado filme "El Rayo"
O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou hoxe venres a película xunto ao seu director, o vigués Fran Araújo. Despois da súa boa acollida en festivais nacionais e internacionais, o Concello de Vigo programa a súa proxección para este sábado, ás 20:30h no Auditorio Municipal, con entrada de balde ata completar aforo.
Nacido en Vigo, "El Rayo" é a primeira longametraxe como director de Fran Araújo. Comezou a súa carreira como guionista na serie de televisión "Periodistas" e desde entón ten escrito e dirixido varios documentais (Marineros en Tierra, Proteger bajo el Fuego, El Desafío de Garamba) e curtametraxes (5 días de septiembre, Quid pro Quo, Una segunda posguerra), premiados en festivais como "ALCINE", "Medina del Campo" ou "Almería en corto". Ten coescrito o guión de Perdona si te llamo Amor dirixida por Joaquín Llamas. Actualmente desenvolve tres proxectos de longametraxes para Tele5 Cinema, Ombra FIlms e Astronauta PC.
"El Rayo" está baseada nunha historia real, na que se conta como Hassan (El Hassan Ben Oudra), despois de trece anos en España, non atopa traballo, así que decide emprender a viaxe de volta a súa casa. Inviste todos os seus aforros nun tractor de segunda man para gañarse a vida no seu país, e lévao a Marrocos conducíndoo. Cando chegou a España non tiña nada, pero agora regresa coa súa única posesión: el Rayo.
A película ten participado en numerosos festivais tanto internacionais (San Sebastián, Dubai, Rotterdam, Göteborg, Nantes, Edinburgo, Munich, París...) como nacionais (Córdoba, Albacete, Sevilla, Alicante...), e recibido premios na Biennale du Ciné ma Espagnol de Annecy, mellor director en ABYCINE (Festival Internacional de cine de Albacete), premio especial ao xurado no Festival de Ourense, mellor película, mellor director e premio especial da crítica no Festival de Alicante, mellor película no Festival de Nuevo Cine Andaluz de Casares e mellor película na última edición do Festival Primavera do cine en Vigo (no que tamén colabora o Concello de Vigo).
Descargar todas as imaxes