Vigo homenaxea ás vítimas de accidentes de tráfico cunha escultura na rúa Aragón
O alcalde de Vigo participou este venres no acto de inauguración do monumento, emprazado á altura do coñecido como "balcón de Aragón", unha das accións promovidas con motivo do Día Mundial en Recordo ás Vítimas de Accidentes de Tráfico que ten lugar o terceiro domingo de novembro.
A peza foi encargada por Stop Accidentes ao escultor Hugo Santos e simboliza o longo proceso que sofren os familiares das vítimas. Durante un emotivo acto, no que estiveron presentes, entre outras autoridades, o Fiscal Xefe de Seguridade Vial de Galicia, Carlos Gil, e o director da mesma área da Fundación Mapfre, Julio Laria, o alcalde de Vigo destacou que a colocación desta escultura servirá para facer visible a necesidade de formar un fronte común na loita contra os accidentes de tráfico. Neste senso, Caballero incidiu en que esta loita debe ser "implacable" e combatida desde todas as administracións públicas. Tamén asegurou que as humanizacións fixeron posible a minoración das velocidades no casco urban e polo tanto, é unha medida clave para a redución da siniestralidade. A este respecto, anunciou a inminente construcción dunha medianeira na rúa Aragón para contribuir coa seguridade vial da zona.
Pola súa banda Jeanne Piccard, presidenta de Stop Accidentes, deu lectura a un poema e, xusto antes, interpretou dúas pezas de música o grupo Xeración 13.
Descargar todas as imaxes
Pola súa banda Jeanne Piccard, presidenta de Stop Accidentes, deu lectura a un poema e, xusto antes, interpretou dúas pezas de música o grupo Xeración 13.