Vigo, única parada en Galicia da xira internacional de Sharon Jones
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou este venres o concerto de Sharon Jones, mañá ás 21:30h no Auditorio Mar de Vigo, sendo a única parada e a primeira vez que visita Galicia. O Concello colabora coa productora Sweet Nocturna na realización deste evento, con entradas dispoñibles a 18 euros máis gastos.
O edil amosou a súa "satisfacción" por colaborar desde o goberno local nun concerto único en Galicia, mañá sábado ás 21:30h no Auditorio Mar de Vigo, con entradas dispoñibles en Servinova, Discos Elepé e Honky Tonk. Rodríguez subliñou que este é un concerto de "calidade" que Vigo consegue dentro dunha xira "moi reducida" que levou a Sharon Jones a San Sebastian, Barcelona e Madrid.
A diva indiscutible do soul actual chega por primeira vez a Galicia no mellor momento da súa carreira. Tras superar un duro cancro de páncreas, diagnosticado pouco antes da gravación do seu novo disco, Sharon Jones volve totalmente recuperada cun novo traballo chamado "Give the people what they want" que a volveu ratificar como a raíña absoluta do soul do século XXI.
A súa poderosa voz deixou patas arriba recintos emblemáticos como o Apollo de Nova York, o Sydney Opera House ou o Hollywood Bowl e artistas do talle de Beck, Mick Jagger, Prince ou John Legend a citaron como unha das súas artistas preferidas na actualidade.
Debutou na música cumpridos os 40 tras descubrila os capos de Daptone Records e o seu primeiro disco "Dap Dippin" with Sharon Jones & The Dap Kings" publicouse en 2002. Hoxe en día aos seus 58 anos ten ás súas costas unha carreira triunfal que a levou a colaborar con grandes artistas de diferentes estilos como Charles Bradley, Michael Bublé, Booker T. Jones, ou Matt Berninger, cantante de The National.
Os seus concertos son comentados alá por onde pasa, famosa por ser unha auténtica apisoadora en directo. Este próximo outono chega a España nunha exclusiva xira de 4 datas que unicamente pasará por Madrid, Barcelona, San Sebastián e Vigo.
Arroupando a Ms Jones como escudeiros de luxo chegan The Dap-Kings, a magnífica banda que acompañou a Amy Winehouse durante a súa curta pero exitosa carreira.
Descargar todas as imaxes