O Concello adxudica provisionalmente as obras de reforma da cuberta de Río de Balaídos
O rexedor explicou hoxe luns que xa "é unha realidade" a reforma integral de Balaídos, logo de anunciar a adxudicación provisional da reforma da cuberta de Río. En rolda de prensa, Caballero tamén deu conta da aprobación de obras de humanización en varias parroquias da cidade.
A Xunta de Goberno local, nunha sesión extraordinaria celebrada o venres 21, deu luz verde á clasificación de ofertas da contratación das obras de consolidación estrutural de Balaídos. Cun importe de licitación de 1,6 millóns de euros e un prazo de execución de 4 meses, o goberno local arranca a reforma integral do estadio, comezando pola reforma de cuberta de Río.
As obras inclúen o reforzo estrutural dos contrafortes exteriores da grada, a substitución da cuberta, ademais do acondicionamento xeral do recinto, con actuacións en todas as gradas do estadio para mellorar os percorridos de evacuación e da propia estrutura mediante a reposición de barandas, rematado de pavimentos...
O rexedor tamén deu conta da aprobación do proxecto da fase II da grada de Río, por un importe de 2,5 millóns de euros e un prazo de execución de 6 meses. Tal e como explicou o rexedor, "xa é unha realidade" o proxecto de renovación integral do estadio. A este respecto, lembrou o acordo coa Deputación de Pontevedra e, respecto á proposta de cooperación realizada pola Xunta, avanzou que lles respostará mañá martes.
Na Xunta de Goberno tamén aprobou a adxudicación do proceso aberto para a contratación das obras de mellora da rede de separativa de pluviais e renovación de pavimentos peonís e rodadura nas seguintes rúas: Subida á Madroa e rúa Manuel Costas Bastos; subida Mouteira en Bembrive e rúa Seixo en Beade; rúas Rotea de Abaixo, Gandarón, camiño Fermín e Bagunda-Lavadores; rúa Santa Mariña-Cabral; Camiño Fondo en Castrelos e humanización rúa Pedreira.
O alcalde tamén deu conta da clasificación de ofertas para a contratación da reposición e mantemento das áreas biosaudables, así como da clasificación para a contratación do subministro do mobiliario para o Parque de Bombeiros de Teis. Rematou referíndose ao nomeamento da dirección facultativa e de coordinación de Seguridade e Saúde de obras de mellora e reposición de espazos públicos no Casco Vello, no ámbito da Praza da Princesa e Praza Argüelles, engadindo espazos soterrados entre a rúa Abeleira Menéndez e a devandita praza. O prazo de execución será de 2 meses.