Escoitar

O alcalde defende a ampliación do peirao de Areal e ter o Porto "preparado" para a saída da crise

Abel Caballero asegurou este luns que o Porto de Vigo é "un obxectivo prioritario para esta cidade" e amosouse satisfeito pola conclusión das obras de Areal, posto que a crise "se superará" e "temos que ter o porto preparado". O alcalde recordou que, á súa chegada á Alcaldía, posibilitou esta ampliación ao levantar o recurso xudicial que impedíu durante anos a execución da mesma.

luns, 24 nov 2014
1416834375muelle.JPG
O alcalde de Vigo cualificou de "importante" o acto formal de posta en funcionamento da ampliación, celebrado este luns coa presenza da ministra de Fomento, a pontevedresa Ana Pastor, entre outras autoridades.

"Sempre me pareceu que o Porto era un obxectivo prioritario para esta cidade", explicou Caballero, quen defendeu a realización desta ampliación durante a súa etapa como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. A crise "se superará" e "temos que ter o porto preparado", afirmou sobre esta obra.

O rexedor vigués recordou que a ampliación do peirao de Areal estivo durante anos paralizada pola actuación de gobernos locais anteriores que interpuxeron e mantiveron un recurso xudicial contra a mesma. Caballero levantouno dous meses despois de tomar posesión como alcalde, en agosto de 2007, facendo posible a execución da obra, segundo indicou en rolda de prensa.
Descargar todas as imaxes