Escoitar

O alcalde presentará no Pleno unha declaración en apoio aos traballadores de mantemento do Meixoeiro

O alcalde de Vigo traladou hoxe o seu apoio aos 45 traballadores do servizo de mantemento do Meixoeiro que permanecen en folga en defensa dos seus postos de traballo. Así o explicou o rexedor en rolda de prensa, unha vez que mantivo un encontro con representantes do comité de empresa.

xoves, 27 nov 2014
1417095316meixoeiro.JPG
O alcalde tratará de incluír na orde do día do pleno do próximo luns unha declaración de apoio aos 45 traballadadores do servizo de mantemento do Meixoeiro. Segundo explicou logo de manter unha reunión con representantes do comité de empresa, o goberno local respalda as reivindicacións dos traballadores, en folga pola defensa dos postos de traballo e da calidade dos mesmos. Ao mesmo tempo, o alcalde instou ao Sergas a dialogar cos traballadores dado que esta situación, ademais, ten graves consecuencias para os usuarios do hospital.
Descargar todas as imaxes