O goberno local adica 2 millóns de euros á humanización da primeira fase de García Barbón
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de renovación de redes de abastecemento e saneamento da primeira fase da avenida García Barbón. Esta humanización ten un orzamento de dous millóns de euros e nesta primeira fase actuarase entre a igrexa de Santiago de Vigo e Serafín Avendaño
O alcalde deu conta da aprobación do proxecto e custos asociados de renovación de redes de abastecemento e saneamento na primeira fase da Avenida García Barbón. Cun importe de dous millóns de euros, o tramo sobre o que se executarán estas primeiras obras é o comprendido entre a igrexa de Santiago de Vigo e Serafín Avendaño. A seguinte fase destes traballos estenderánse ata a confluencia con Rosalía de Castro e a terceira e última chegará á rúa Sanjurjo Badía.
Segundo detallou o rexedor, a lonxitude de actuación desta primeira fase é de case medio kilómetro e a superficie total de 1,2 km. Renovaránse 1,5 km de tuberías de saneamento e pluviais e 800 metros de canalizacións de agua potable. Tamén se colocarán 70 árbores, 50 puntos de luz, 20 bancos, 15 papeleiras, así como novas xardineiras. Tal e como puntualizou, o carril reservado á circulación de buses e taxis manterase a pesar do aumento das beirarrúas.